Unha das seccións totalmente definidas que constitúe MATA FORVIAL é a destinada á formación viaria a cal define, propiamente, a autoescola.
Está dedicada a impartir todos os permisos de condución relativos a turismos (B, B96 e B+E), camións (C1, C1+E, C e C+E), autobuses (D1 e D), motocicletas (A1, A2 e A) así como ciclomotores (AM e AML), sen esquecer os vehículos agrícolas (LVA).
Para isto conta cun equipo de profesores, totalmente cualificado e especializado, en continuo proceso de formación e adaptación ás novas fórmulas pedagóxicas e de
docencia.
Somos coñecidos polos prezos competitivos que ofertamos dos nosos servizos (tal e como reza o noso slogan: “Autoescola Mata, a máis barata!”), porén tamén o somos
pola nosa metodoloxía. En dous día dáse o curso teórico para obter o permiso B, e en catro días máis o alumno xa está listo para se examinar.
Segundo as estatísticas, o 98% dos nosos alumnos supera a teórica no primeiro expediente, polo que estes resultados nos sitúan entre as autoescolas con maior
índice de aprobados da comunidade galega e, loxicamente, da cidade compostelá.
Contamos con 5 centros de ensino localizados nos lugares idóneos e cómodos dos concellos de Santiago de Compostela,
Santa Comba e Tordoia. Todos están dotados dunhas instalacións e infraestruturas técnicas e
tecnolóxicas acordes ás necesidades actuais da sociedade, polo que nos fan estar entre as autoescolas máis recoñecidas do norte de Galicia. Salas totalmente confortables e
climatizadas, postos informáticos provistos de pantallas táctiles e un software periodicamente revisado e actualizado, medios audiovisuais de última xeración, canóns de proxección, amplo e diverso
material didáctico… sérvennos de aval, e así mesmo de proba tanxible da carreira que hai anos emprendemos nos eidos do continuo desenvolvemento e a innovación.
En Compostela, as prácticas de condución realízanse por todo o tecido urbano da cidade, así como no circuíto pechado do Recinto Feiral de Amio.
QUE NECESITAMOS PARA INSCRIBIRNOS?
1 FOTOGRAFÍA TIPO CARNÉ |
FOTOCOPIA DO DNI EN VIGOR |
PSICOTÉCNICO |
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Avenida Rodríguez de Viguri, 15
Telf. 981 935 005
Horario: (L-V)
09:30-13:30
16:00-20:00
*Sábados: 10:00-14:00
Avenida Rosalía de Castro, 80
Telf. 981 590 908
Horario: (L-V)
09:30-14:00
16:00-20:30
Rúa San Pedro, 47
Telf. 981 577 791
Horario: (L-V)
16:00-20:00
SANTA COMBA
Rúa de Pontevedra, 37
Tfon. 981 880 498
Horario: (L-V)
09:30-13:30
16:00-20:30
*Sábados: 10:00-14:00
TORDOIA
Rúa Emigrante, 21 Pontepedra
Tfon. 981 690 315